Programa electoral ¿verde?

Hai uns días chegoume un convite da web Economía Verde para trasdarlle as miñas achegas sobre as propostas que debería levar o programa electoral do Partido Verde. Baixo a pregunta ¿Que te gustaría ver no programa dos Verdes para as eleccións municipais?, dende a Coordinadora Verde pretenden achegar as suxerencias da cidadanía ó seu futuro programa de goberno. Non son ideóloga, nin líder de opinión… nin ganas. Bastante teño co meu traballo de xornalista (sexa o que sexa o que iso signifique). Pero si son cidadá. E independientemente de candidatos, listas e siglas, hai puntos que resultan fundamentais para a cada vez máis difícil tarefa de emitir un voto. Non se trata de puntos ‘verdes’, senón de puntos que dean resposta a necesidades reais, quizáis vitais. A pregunta correcta, xa que logo, sería ¿que debería levar un programa electoral para que me movese a votar?

Vote

Un concello non vai cambiar o mundo, nin sequera vai facer tremer o actual sistema. Pero hai tres cousas ño alcance da man de calquera consistorio, por pequeno que sexa: mobilidade sostible, eficiencia enerxética e aposta polo próximo. Non hai nada novo nestas propostas. Son reivindicacións tan vellas como esquecidas, que posiblemente aparezan en todos os programas pero sen medidas que garantan a súa posta en marcha.

Cando as obras deixen de ser unha prioridade para os gobernos, quizáis o mundo será outro. De pouco vale que unha rúa estea asfaltada ou teña as beirarrúas máis amplas se non ten como fin mellorar a vida dos cidadáns. Darlle prioridade ó peón no espazo urbano sen que sexa un pretexto para construír aparcamentos soterrados, normalizar o uso da bicicleta (o que non significa construír carrís bici que non levan a ningún sitio) e unha verdadeira aposta polo transporte colectivo son opcións que non poden seguir caendo en saco roto.  E cando digo transporte colectivo refírome a un servizo viable e de calidade, onde a espera non sexa interminable, o bus unha ola exprés a punto de estourar e existan liñas regulares que conecten as áreas metropolitanas con horarios e frecuencias adaptados ós usuarios.

A eficiencia enerxética non é unha suxerencia, é unha obriga. É posible o aforro sen ter deixarnos ás escuras nin prescindindo dos servizos básicos. Comentábame o outro día o mestre Manolo Méndez que a quen lle beneficiaba que a igrexa da súa vila tivera dous focos iluminándoa toda a noite. E quen pagaba esa factura. O exemplo é válido para monumentos, placas, esculturas, edificios… que as tres da madrugada brillan en todo o seu esplendor. Creo que é hora de reordenar prioridades. Está claro que as cidades lozan fermosas é un atractivo para o turismo pero ollen o mapa nocturno da Terra facilitado polos satélites espaciais: a contaminación lumínica non é só un grave problema ambiental, senón un desbaldimento económico preocupante. Os concellos tamén terían moito que dicir na aposta decida polas renovables, comezando polos propios edificios públicos. A instalación de placas solares ou caldeiras de biomasa está ó seu alcance, servindo de exemplo para o resto dos cidadáns. Facelo obrigatorio en instalacións públicas ou introducilo como requisito á hora de outorgar novas licenzas urbanísticas tamén.

Pensa en global, actúa en local. A aposta pola contorna é fundamental para manter viva unha cidade. Os mercados de proximidade, a produción local, o pequeno comercio, o fomento de pemes e cooperativas sociais ou as axudas ó emprendedor non deberían ser secundarias nunha política municipal.  Os cidadáns son os que constrúen e levantan a cidade. Relegalos a un segundo plano carece de todos sentido.

Apostar por uns servizos públicos, unha maior transparencia e participación cidadá, promover unha política de residuos que aposte pola redución, a reciclaxe e a compostaxe en lugar de polo vertedoiro ou a incineración, unha xestión sostible da auga e de todos os recursos, crear e fomentar unha rede de espazos verdes, potenciar a educación ambiental… Seguro que cada un de vós poderá engadir algún motivo máis (probablemente con maior acerto). Xa sabedes que esta é unha xanela aberta, un espazo ó que non fai falta chamar. A lista de ‘desexos’ pode ser innumerable. Pero que algún deles sexa recollido e posto en marcha non só sería unha boa noticia, senón un paso para tentar mudar un planeta e unha sociedade que camiña cara un punto de non retorno.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en política coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to Programa electoral ¿verde?

  1. Daniel Sánchez di:

    Tíñamos que retomar aquel lema dos anos 80, “Small is beautiful”, “O pequeno é fermoso”. E si é cercano, doblemente fermoso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s