Programa pola Terra

Estamos ante a peor crise ambiental da historia, cos efectos do cambio climático chamando á nosa porta, unha alarmante perda de biodiversidade e uns recursos a piques de esgotarse. Por iso, poñer en marcha un novo sistema que aposte por un modelo máis xusto no eido económico, ambiental e social é unha prioridade para o movemento ecoloxista galego, que ve nas eleccións municipais do vindeiro 22 de maio unha grande oportunidade para dar o primeiro paso cara a esta mudanza. Tendo en conta que as accións no ámbito local teñen repercusión a nivel global, Amigos da Terra, Cemma e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) veñen de presentar o Programa pola Terra, documento no que se recolle un total de dez propostas concretas “factibles e realistas” para que sexan incluídas nos programas de goberno dos candidatos municipais.

tierra

O decálogo ecoloxista xira ó redor de tres principios fundamentais: a necesidade de elaborar un proxecto político responsable, no que se supedite o desenvolvemento socio-económico á capacidade dos ecosistemas para renovar os seus recursos naturais e asimilar os impactos ambientais e se aposte pola xustiza social, mudar o modelo de produción e consumo e facer da participación cidadá e da transparencia o eixe de calquera goberno. Tres bloques que o movemento ecoloxista reduciu a dez propostas concretas para que os partidos que concorren a estes comicios se sumen a elas:

1. Integrar enerxía, mobilidade e contaminación. Reducir nun 20% o consumo enerxético a través de políticas de aforro e aumentando a promoción das renovables. Elaborar plans de mobilidade sostible, que aposte polo transporte público e limite o privado. Efectuar un control eficiente das emisións para evitar a degradación da calidade do aire e os seus efectos nocivos para os cidadáns.

2. Protexer os espazos naturais. Favorecer a incorporación de especies a figuras de protección e financiar espazos da Rede Natura. Reverter superficies ó monte público ou comunal, controlar e eliminar especies invasoras e aplicar a Lei de protección dos animais domésticos e salvaxes.

3. Nova cultura da auga. Garantir a dotación universal do servizo de auga potable á cidadanía sen poñer en perigo a conservación dos recursos hídricos, garantir o saneamento das augas residuais, castigar as verteduras urbanas ou industriais e recuperar áreas fluviais e litorais controlando a calidade das augas.

4. Contratación pública verde. Establecer políticas de compra pública ética, que fomente a promoción do comercio xusto, ecolóxico ou local.

5. Reforma verde do sistema fiscal. Aproveitar as competencias locais en materia fiscal para penalizar os comportamentos ambientais incorrectos a través da reforma dos tributos existentes –recollida de lixo para reducir a vertedura, regulación do tráfico para gravar as emisións…– e introdución de novos tributos destinados á mellora do medio.

6. Ordenamento sostible do territorio. Compromiso cunha organización racional do territorio fronte á especulación, seguindo só as necesidades reais de vivenda e equipamentos públicos e antepoñendo a  rehabilitación.

7. Reducir os residuos sólidos urbanos. Fomentar a redución, reutilización e a reciclaxe do lixo e apostar pola compostaxe como solución máis viable para a xestión da materia orgánica.

8. Apoiar o sector primario e a soberanía alimentaria. Promover as actividades locais produtivas e sostibles para garantir a vida digna no rural e declarar o concello ‘libre de transxénicos’.

9. Fomentar a cooperación o desenvolvemento.

10. Participación cidadá e ambiental. Potenciar o papel dos axentes sociais como vehículos de participación da cidadanía e posta en marcha de programas de educación ambiental.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en política coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Programa pola Terra

  1. Maria di:

    Lo primero a hacer para ayudar a la ecología es una campaña social intensiva. Somos los propios ciudadanos los que todavía no vemos el problema medioambiental que nos acecha. Seguimos con nuestras bolsas, nuestros cientos de envases, nuestra ropa de poliester…¿Cuando diremos no? Tal vez cuando sea tarde. Os recomiendo el blog de Boo Noir que cuenta de una manera sencilla y apolítica (por favor, dejemos de mezclar política y medioambiente, eso es un concepto del pasado), un montón de temas que pueden ser de vuestro interés. http://boonoir.blogspot.com/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s