En débeda co planeta

Marcho un mes e resulta que España entra en déficit ecolóxico. Dende as 16 horas e 50 minutos do martes 19 de abril, o conxunto dos habitantes que compoñen este Estado comezamos a consumir máis espazo do que somos capaces de xerar. Segundo as cifras que elabora cada ano a Global Footprint Network, os españois consumiron en 2007 -último ano do que se ten datos- unha media de 5,42 hectáreas por habitante fronte ás 1,8 globais… e as 6,6 galegas. Ante este ritmo depredador, España rexistra un déficit ecolóxico de 3,81 hectáreas por habitante -a cantidade de terreo que se consome sen que sexa posible rexeneralo- polas 5,76 hectáreas por habitante da nosa comunidade.

wwf-lungs-huella-ecologica

A razón pola que Galicia acada un valor tan alto atópase en tres das categorías que compoñen este indicador: a ocupación do terreo por parte de cultivos e pastos, a apropiación que facemos da superficie mariña e a área de absorción de dióxido de carbono. Así o indica unha das voces máis autorizadas á hora de falar de pegada ecolóxica, o profesor de Económicas da Universidade da Coruña, Federico Martín Palmero. “O impacto da actividade agrícola explícase por uns hábitos alimentarios moi intensivos, cun consumo de carnes e derivados que supera nun 15,5% a media estatal, porcetanxe que acada un 20% en leite e derivados”, explica. Todo isto sen esquecer a especial estrutura produtiva galega neste sector, as particularidades propias e os rendementos das explotacións. A nosa peculiar dieta tamén explica a alta apropiación de superficie mariña –1,43 hectáreas per cápita–, cun consumo de peixe que supera nun 39,7% a media estatal. “Galicia é, xunto con Xapón e Noruega, o maior consumidor de peixe e derivados a nivel mundial”, engade Martín Palmero.

A análise é compartida polo movemento ecoloxista do país que sinalan ós hábitos de consumo (principalmente os relacionados coa alimentación e o modelo enerxético da comunidade) como os principais culpables deste déficit. Entre as propostas ofrecidas  para que cada galego reduza a súa débeda ecolóxica figuran a aposta por consumir alimentos comercializados en mercados locais, que procedan da súa propia contorna, de temporada, e que empreguen o transporte público ou realicen un uso colectivo dos seus automóbiles. Tanto a Federación Ecoloxista Galega (FEG) como a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) suxiren apostar por medios de transporte públicos e enerxías menos contaminantes, ademais de considerar clave a redución, a reutilización e a reciclaxe á hora de xestionar os nosos refugallos.

En fin, que estou de volta.

Feliz Día da Terra a todos (aínda que sexa con retraso).

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Consumo coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to En débeda co planeta

  1. Pingback: Vivindo a crédito | pensanomedio

  2. Pingback: Vivindo a crédito | Altermundo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s