Ter amigos contamina

Se quedamos conmocionados ó saber que buscar en Google contamina, agora resulta que ter amigos tamén. Nas redes sociais enténdese.

facebook

Un estudo da Universidade de Harvard rebelounos que, pese a que Google é unha das empresas máis eficientes, cada búsqueda realizada no seu servidor emite 7 gramos de dióxido de carbono. O motivo é a gran cantidade de electricidade que consome a compañía ó verse obrigada a procesar millóns de resultados. Algo semellante pasa cunha das ferramentas virtuais máis presentes nas nosas vidas: o Facebook. Neste caso, a contaminación procede dos seus centros de xestión de datos, que se abastecen mediante a enerxía xerada pola queima de carbón. O número destes centros multiplícase por momentos, de forma directamente proporcional ó aumento de usuarios desta rede social.

De acordo co informe de Greenpeace How dirty is your data presentado o pasado xoves, a industria das tecnoloxías da información xera unha elevada porcentaxe das emisións de CO2 globais, cifra que está destinada a aumentar debido ó enorme crecemento das súas redes globais de interconexión de centros de datos e infraestruturas asociadas que son grandes consumidores de enerxía. Por iso, Greenpeace reclama que estas compañías teñan en conta de onde van abastecerse enerxéticamente cando constrúan cada novo centro de datos e que, como máximos expoñentes da modernidade, lideren o camiño cara ó 100% renovable en lugar de confiar en fontes enerxéticas do pasado que producen cambio climático (como o carbón) ou nos obrigan a asumir riscos inaceptables (como a nuclear).

Milleiros de seguidores de Facebook en todo o mundo sumáronse a esta campaña de Greenpeace, na que máis de 700.000 persoas lle reclaman a Facebook que abandone o carbón. A pesar de que a firma aínda non aceptou o reto de forma oficial, deu pequenos pasos na dirección correcta como incluír placas solares no centro de datos que acaba de inaugurar en Oregón ou lanzar o ‘Open Commute Project’, mediante o cal a empresa publica as especificacións técnicas dos compoñentes dos seus centros de datos, invitando á comunidade a participar no deseño dunha instalación enerxéticamente eficiente.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Enerxía coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s