Plantas descontaminantes

As investigadoras María Ángeles Prieto, esquerda, e Petra Kidd, supervisando as plantas usadas no proxecto

As investigadoras María Ángeles Prieto, esquerda, e Petra Kidd, supervisando as plantas usadas no proxecto

Zonas arrasadas pola actividade mineira, humidais destruídos polo elevado nivel de acidez da auga ou explotacións empobrecidas pola agricultura intensiva e o uso de pesticidas poden volver á vida dunha forma natural. ¿Como? Co uso de plantas e microorganismos para eliminar os metais pesados de solos e augas contaminadas. Este é o obxectivo que persegue o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do proxecto europeo Greenland, no que participan 17 socios de dez países grazas e que conta con tres millóns procedentes da Comisión Europea. Non se trata só de devolver a vida zonas empobrecidas pola actividade humana, senón de evitar que os contaminantes potencialmente tóxicos acumulados no solo se trasladen á cadea alimenticia. O problema non é menor xa que a European Environment Agency (EEA) estima que na UE existen tres millóns de áreas contaminadas por metais pesados e prevé que no 2025, o número de espazos que precisarán dun tratamento de descontaminación aumente nun 50%.

Ante esta situación, a comunidade científica ven apostando dende a década dos 90 pola técnica coñecida como fitocorrección, que consiste en utilizar diferentes tipos de vexetais para recuperar ou mellorar a calidade do solo sen ter que desprazar o terreo contaminado, usar maquinaria pesada ou aplicar tratamentos químicos. Santiago será a única cidade española na que se realicen traballos de campo. O Institutode Investigacións Agrobiolóxicas (IIAG) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste S.L, iniciou en marzo un proxecto experimental nunha mina de bora en Touro, onde se están aplicar máis de 3.000 exemplares vexetais de cinco especies diferentes e distintos tecnosois que actuarán como enmendas do solo cun só obxectivo: estabilizar a alta presenza de contaminantes e evitar que se traslade á cadea trófica. “A técnica utilizada sería, neste caso, a da fitoestabilización, que permitirá recuperar a cobertura vexetal, controlar os metais pesados e evitar filtracións contaminantes”, explica a investigadora Petra Kidd.

O éxito do proxecto permitiría, por exemplo, acabar coa irreversibilidade dos danos causados polas explotacións de ousa en Galicia, cuxa recuperación ambiental é ata o momento inviable, xa que á destrución da paisaxe e súmase a contaminación dos acuíferos. De feito, segundo explica Kidd, os resultados obtidos en Touro poderían ser extrapolables a outro tipo de minas, polo que o proxecto europeo elaborará unha guía práctica cos diferentes métodos e plantas a utilizar en función da rexión e tipos de solo.

Outros dos proxectos piloto do programa Greenland cultivarán plantas con especial capacidade para extraer os contaminantes do solo e acumulalos nos seus tecidos. Esta técnica, coñecida como fitoestabilización, permite, ademais de depurar o terreo, recuperar os metais que teñen un valor económico valioso ou convertir as plantas en biomasa e obter enerxía.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Reportaxes coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s