A crise, a mellor aliada do clima

Nin gobernos, nin cidadáns, nin empresas. A maior aliada do clima é, sen dúbida, a crise económica, principal responsable do descenso das emisións de efecto invernadoiro no país. Os seus efectos son especialmente notables na industria galega, que depositou na atmosfera 8.954.703 toneladas de dióxido de carbono ó longo do 2010, o que supón un 17,2% con respecto ó 2009, segundo os datos divulgados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre os sectores industriais ós que se lles aplica a Directiva Europa de Comercio de Emisións.

A térmica das Pontes segue a ser o principal foco contaminante do país. Foto: Kiko Delgado

A térmica das Pontes segue a ser o principal foco contaminante do país. Foto: Kiko Delgado

O recorte foi especialmente notable no sector da produción eléctrica, que aínda así é responsable de dúas terceiras partes das emisións totais, coa central térmica de carbón de Endesa nas Pontes emitindo tanto CO2 como o resto das industrias galegas. “Neste sector non só actúa a crise, senón a perda de peso do carbón na xeración de electricidade debido a dous motivos: o aumento das renovables e a entrada en funcionamento das dúas centrais de ciclo combinado”, explica Xosé Veiras, responsable de cambio climático de Verdegaia.

Non obstante, a asociación ecoloxista advirte de que o carbón –o combutible fósil más contaminante– é aínda o máis empregado na xeración de electricidade en Galicia. De feito, as térmicas das Pontes e Meirama continúan a ter un papel importante no sistema eléctrico galego, achegando en conxunto un 20% da produción eléctrica do 2010, porcentaxe que case duplica a medida estatal, próxima ó 12 por cento. “Estamos a falar dunha redución moi importante, xa que entre 2007 e o 2010, a xeración de electricidade sucia nas térmicas caeu preto dun 60% e durante o ano pasado foi superada tanto pola produción hidroeléctrica como pola eólica”, advirte Veiras para quen, non obstante, o esforzo aínda é insuficiente. De feito, e pese ó descenso xeneralizado, as emisións da industria galega representan o 41 por cento das totais. O problema é especialmente grave na nosa comunidade, xa que os seus índices de contaminación son superiores á media europea. A pesar de que a partir de 2007, as emisións de gases efecto invernadoiro caeron ata situarse en niveis similares ós de 1990, ano de referencia do Protocolo de Quioto, seguen a ser moi altas, superiores incluso ás emisións medidas de España e da UE. Ademais, mentres que en Galicia as emisións en 2009 foron similares ás de 1990, no conxunto de Europa reducíronse nun 17,3 por cento.

Pese a todo, e a falta de coñecermos os datos oficiais de todos os sectores –transporte, doméstico, agrario…–, Verdegaia prevé que as emisións totais volvan diminuír en 2010, continuando o descenso iniciado en 2008 por causa da crise económica. “Non sabemos en que medida pero é moi probable que sigan a tendencia dos últimos anos”, apunta Veiras, quen considera imprescindible que este descenso debe continuar e consolidarse máis alá dos períodos de recisión. “A crise debería ser unha oportunidade para iniciar a transición cara a unha economía baixa en carbono, sustentable e xusta”, apostan dende Verdegaia, que ven como principal obstáculo o atraso no que a Xunta mantén o Plan de loita contra o cambio climático –que o PPdeG prometeu aprobar antes de 2011–, ademais de seguir apostando por políticas insustentables que favorecen o transporte por estrada ou a incineración dos residuos sólidos urbanos. Fronte a isto, o obxectivo do goberno debe ser claro. A curto prazo: avanzar con determinación na mudanza do ‘mix eléctrico’ ata lograr a produción cero de carbón e poñer en marcha políticas que favorezan o aforro e a eficiencia enerxética en todos os sectores. E a longo prazo, acometer unha mudanza estrutural que camiñe cara a unha economía baixa en carbono, baseada no decrecemento sostible e o consumo responsable.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Cambio climático coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to A crise, a mellor aliada do clima

  1. Pingback: Pensa en Verde » Emisións sen freo

  2. Pingback: Emisións sen freo | Altermundo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s