Día negro no mundo verde. Esta mañá coñecíamos a triste nova do pasamento de Ramón Fernández Durán, intelectual de referencia do ecoloxismo social e integrante de Ecologistas en Acción. Os seus máis de trinta anos de activismo nos movementos sociais e a súa enorme capacidade intelectual convertérono nun referente fundamental para o ecoloxismo e da esquerda alternativa. Con máis dunha vintena de libros publicados e articulista de referencia no xornal Diagonal, grazas ó seu discurso entendemos un pouco mellor o capitalismo e o seu papel nesta crise global que nos sacude a todos.
Déixovos enlazada La vida es bella, a carta de despedida feita pública por Ramón no mes de abril e o blog no que moitos axudarán a continuar co seu legado.
gústame