Premios Sombra

Entreteñen, informan e, sobre todo, venden. As campañas publicitarias son o mellor vehículo para que os cidadáns, como consumidores, optemos por un ou outro produto. Para recoñecer o traballo das mellores campañas deste ano, San Sebastián acolle unha nova edición dos Premios Sol de publicidade. Non obstante, lonxe daqueles primeiros anuncios eminentemente comerciais, os spots convertéronse hoxe en día nunha poderosa arma capaz de influír a nivel estético e mesmo ideolóxico. Por este motivo, Ecologistas en Acción outorga un ano máis os Premios Sombra, que ‘premia’ aqueles anuncios máis sexistas, xenófobos, insolidarios, consumistas e falsamente ecolóxicos.

PremiosSombra

Once son as categorías establecidas pola organización ecoloxista, da que destaca a de LAVADORA VERDE, que premia o mellor ‘lavado de cara’ ecolóxico. O gañador deste ano é un clásico destes galardóns: British Petroleum (BP) pola campaña A vertedura detívose en xullo. O noso compromiso continúa, na que trata de maquillar a imaxe da empresa tras ser causante, coa explotación da plataforma pretrolífera do Golfo de Mëxico, dun dos maiores desastres ecolóxicos da historia.

bp

“O accidente da plataforma Deepwater Horizon nunca debeu suceder e lamentamos profundamente o seu impacto nas vítimas, o medio ambiente e as comunidades do litoral de Estados Unidos no Golfo de Méjico”. Así comeza o anuncio de BP emitido case un ano logo da explosión e posterior colapso da plataforma petrolífera que supuxo a morte de 14 persoas, varias feridas e a vertedura de 4,9 millóns de barrís de cru ó longo de meses. No anuncio, BP asegura que “asumiu a súa responsabilidade nas tarefas de limpeza e agora gustaríanos informar dos últimos progresos realizados”, así como os investimentos económicos realizadas nas solucións á catástrofe. Con todo, Ecologistas en Acción recorda que, un ano despois, a economía do Golfo de México, dependente das condicións de calidade ecolóxica da zona e baseada en gran medida da pesca e o turismo, segue gravemente alterada como demostran estudos científicos.

Ecologistas en Acción decidiu concederlle o PREMIO CHIMENEA á visión máis destrutiva do medio á aeroliña británica Easyjet, co seu anuncio A mellor pizzería de Madrid está en Nápoles, por promover unha mobilidade insostible e irresponsable. Nesta campaña, Easyjet bríndanos a oportunidade de, por só 39,99 €, ter unha “experiencia marabillosa: ¡comer auténtica pizza napolitana na mesma Nápoles a un prezo incrible!”, convidándonos a pechar os ollos ante a crise ecolóxica na que estamos sumidos e a ignorar as consecuencias ambientais que o noso comportamento poida ter.

easyjet

Interesante é tamén o PREMIO CENUTRIO, ós valores máis irresponsables e contrarios ó ético e sostible, para o coche todoterreo Mini Countryman, do grupo BMW. O anuncio deste modelo destaca por fomentar un uso destrutivo do automóbil e xa que logo por transmitir valores contrarios á conservación da natureza e contribuír a unha concepción da mesma ó servizo do Ser Humano. Na imaxe amósase ó coche todorreo, que en lugar de circular pola estrada, faino atravesando a vexetación. Para a asociación ecoloxista, neste anuncio móstrase pouco respecto polo medio ó animarnos a invadir a natureza de forma tan daniña e máis cando existen outras formas, moito máis respectuosas de gozar dela. Os principais impactos ambientais deste uso dos todoterreos son a erosión, a contaminación acústica, a emisión de po, os atropelos de fauna e a deterioración dos camiños rurais.

bmw

A edición deste ano inclúe dous premios especiais:

Premio A CRISE É RENDIBLE para a téxtil transnacional Nike, polo seu anuncio Ilumina o teu país. Dito anuncio termina coa idea forza, “Traballa e esfórzate, con humildade e con respecto, loita contra a escuridade. Sei a luz que din que perdemos”. Ante esta mensaxe, Ecologistas en Acción quere recordar que Nike foi unha das pioneiras en apostar pola deslocalización das súas actividades produtivas en países periféricos, en lugares onde os dereitos laborais brillan pola súa ausencia.

nike

E o de A TODA UNHA TRAXECTORIA para Carrefour, e a súa promoción, nos últimos anos, da súa preocupación ambiental e inclinación solidaria. Dentro desta traxectoria, a última campaña, En positivo, publicita na súa web actuacións ambientais e solidarias, en colaboración con diversas ONGs. Con todo, este compromiso enmárcase, para Ecologistas en Acción, dentro do lavado de imaxe e novas oportunidades de negocio, que promoven a Responsabilidade Social Corporativa (RSC) das multinacionais. Un paraugas que enmascara os verdadeiros fins empresariais e serve para dar unha imaxe máis comprometida destinada a unha clase consumidora preocupada por cuestións ambientais ou sociais.

carrefour
Para ver a lista completa, consultar aquí.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Consumo coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

5 Responses to Premios Sombra

  1. Alberto di:

    Non tiña nin idea de esto, que boas ideas andan repartidas polo mundo !!!

  2. Pingback: facebook

  3. Pingback: trabzon oto kiralama

  4. Pingback: rejim diyet

  5. Pingback: ozoderm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s