Os políticos ‘venden’ a Amazonía

Deforestación na Amazonía. Foto: Greenpeace

Deforestación na Amazonía. Foto: Greenpeace

A clase política brasileira vén de asestarlle un golpe mortal ós pulmóns do planeta. O Congreso vén de apoiar unha amnistía xeralizada a casos pasados de deforestación levados a cabo por terratenentes e representantes de grandes multinacionais que levan anos destruíndo impunemente un dos bosques primarios máis importantes do planeta, así como os dereitos dos pobos indíxenas que ‘sobreviven na zona’.

O ‘ok’ ó chamado Código Forestal dá vía libre, ademais, a seguir aumentando o actual ritmo de deforestación, que este ano experimentou un incremento de máis do 800% con respecto ó pasado (pasando de 51 quilómetros cadrados en 2010 ós 477 actuais), especialmente no estado de Mato Grosso. Dita normativa regula que porcentaxe de terreo ha de deixarse para a protección (o que se chama Reserva Legal) da Amazonía. Actualmente, a Reserva Legal dunha propiedade privada ten que ser o 80%, sendo o 20% susceptible de ser deforestado para a súa explotación agrícola, tal e como explica Greenpeace. Coa nova normativa, a Reserva Legal quedaría nun 50%, deixando o outro 50% como área que pode ser talada.

Aínda que a presidenta de Brasil, Dilma Rousseff, xa anunciou o seu veto á normativa, a noticia de que a maioría dos políticos brasileiros apoian os ‘atentados ambientais’ perpetrados na Amazonía coincide co asasinato dun dos activistas máis importantes da selva: Joao Claudio Ribeiro da Silva, recolector de caucho e líder de conservación forestal, e a súa esposa, Maria do Espirito Santo.

Ante este negro panorama, é importante recordar que a desaparición dos bosques tropicais teñen unhas consecuencias ambientais moi importantes. Estamos a falar dos pulmóns do planeta, que ademais de ser grandes reservorios de carbono –o 50% da biomasa da Amazonía é carbono–, achegan humidade á atmosfera a través da evaporación e transpiración natural. A súa destrución comporta a emisión cada ano de 5.000 millóns de toneladas de dióxido de carbono, o 20% das emisións totais á atmosfera, contribuíndo ó cambio climático e á aridez climática, que se suma á desertificación do solo.  Ademais, os bosques tropicais son unhas áreas de gran diversidade biolóxica. A riqueza é tan ampla que, a día de hoxe, non podemos cuantificar o número de especies que viven neles. Non obstante, a súa destrución é enorme. Só as pragas que trouxo consigo a deforestación e o uso de pesticidas provocou a extinción dunhas 200 especies. E estamos inmersos nunha tendencia que cada día vai en aumento. A solución está nas nosas mans. Só queda actuar.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Bosques coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s