Axenda para o Día Mundial do Medio Ambiente

A defensa das rías galegas como nexo de unión de mariñeiros, maris­cadores, produtores e ecoloxistas. Ata un total de corenta colectivos galegos veñen de convocar para es­te domingo unha gran mobilización que terá lugar en Muros baixo un le­ma claro e contundente: Coas nosas rías non se xoga. O rexeitamento ás gaiolas de salmón que a Xunta per­mitiu instalar na ría de Muros-Noia será o eixe central da manifestación que partirá ás doce da mañá da pra­za do concello muradá e que rema­tará, catro quilómetros e medio des­pois, na praia de San Francisco, en Louro, a escasos metros de onde flo­ta o viveiro experimental da firma North West Food.

medio

As confrarías de Muros, Noia, Porto do Son e Portosín -que se opo­ñen a estas instalacións pola amea­za que supoñen para o ecosistema e os 5.000 postos directos que xera a ría coruñesa- contan co apoio uná­nime do movemento ecoloxista ga­lego, ó que se suman organizacións estatais como WWF/Adena ou Greenpeace, ademais doutros co­lectivos cidadáns e sindicais, todos eles agrupados na Coordenadora en defensa da ría de Muros e Noia. A reivindicación, non obstante, non se quedará nun problema puntual, senón que busca denunciar a multi­plicación de ameazas que planean sobre a costa. Urbanismo, instala­cións industriais altamente perigo­sas como Reganosa, a ausencia de saneamento ou a inminente apro­bación dun Plan sectorial que apos­ta por unha acuicultura intensiva de cría de peixes planos en terra en lugar de fomentar o marisqueo tra­dicional serán algúns dos perigos sobre os que se advertirán no mani­festo conxunto. O obxectivo, máis alá de esixir un futuro sostible para o noso litoral, é ‘rearmar’ a mobili­zación e a loita social a prol do noso territorio. A protesta aspira a recu­perar o espírito de Corrubedo, onde unha marea verde acudiu o 4 de no­vembro de 2007 en resposta á cha­mada social para evitar a “venda de Galicia” a través dun Plan Acuíco­la “insustentable co medio, inxusto socialmente e ruinoso dende o pun­to de vista económico”. A marcha onde se forxou o movemento anti Plan Acuícola e consolidou a plata­forma Galiza non se Vende servirá agora de referente ante o que mari­ñeiros e ecoloxistas definen como o novo asalto ó litoral. As previsións son boas, xa que os convocantes es­peran poder reunir ata unhas 3.000 persoas no acto de Muros, que ade­mais de Corrubedo bebe das protes­tas celebradas en Marín contra os depósitos do Ferrazo ou en Ferrol e Mugardos pola regasificadora.
A convocatoria da Coordenado­ra en defensa da ría de Muros e Noia ábrese ás demais organizacións so­ciais sensibilizadas coa problemáti­ca do mar e do litoral para reivindi­car conxuntamente un futuro sosti­ble para as nosas rías. E para fomen­tar esa unión, tras a lectura do ma­nifesto terá lugar unha xornada de ‘convivio’ e lecer que incluirá unha sardiñada, coa que gozar dun dos mellores produtos que nos ofrecen as augas galegas e que, de non re­medialo, poden desaparecer.

AXENDA

Acto central. Domingo 12:00 horas. Muros.Mani­festación convocada pola Coordenadora pola defensa da ría de Muros e Noia que partirá da praza do Concello de Muros (A Coruña) ata a praia de San Francisco, en Louro.

Amigos da Terra. Sábado. 10:00 horas. Ourense. Xor­nada de Educación Ambien­tal e ecovixía polo río Lonia. Domingo. 11:00 horas. Vi­go. Ecovixía polo río Lagares. (Para apuntarse: 988 374 381 ou info@amigosdaterra.net).

Greenpeace. Domingo. 12:00 h. Barcelona, Praza do Palau. Manifestación ¿Nuclear? Non, grazas para reivindicar o peche das centrais.

WWF/Adena. Domingo. 12:00 horas. Madrid. Parque feiral Juan Carlos. Ca­rreira polo Medio, de 5 quilómetros.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Océanos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s