Vías Verdes máis ‘verdes’

Infraestruturas non contaminantes e sen impacto ambiental, de suave trazado e accesibilidade universal. Esta é a alternativa de lecer e deporte ó aire libre que ofrecen as Vías Verdesrutas que transcorren por 1.800 quilómetros de raís esquecidos, permitindo a interconexión de espazos naturais, enclaves culturais e núcleos de poboación. Posta en marcha polo Ministerio de Medio Ambiente en colaboración con Adif, Renfe e FEVE, a iniciativa rexistra un total de 100 itinerarios que  se poñen máis ‘verdes’ que nunca a través da campaña ‘Vías Verdes, Cero CO2’.

Perlora

A nova iniciativa, que se extenderá ata o mes de outubro, pretende sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de loitar contra o cambio climático, preservar a biodiversidade, reducir as emisións de dióxido de carbono e promover hábitos sostibles de mobilidade a través destas rutas cicloturistas e para camiñantes. ¿Como? Tomando consciencia de canto se deixa de contaminar cos desprazamentos sostibles. Para este fin, todo aquel que faga un percorrido por unha Vía Verde poderá cuantificar a cantidade de CO2 que deixou de emitir, introducindo os quilómetros andados na calculadora de aforro de emisións deseñada por Ecodes e que está dispoñible na páxina web da Fundación dos Ferrocarrís Españois (FFE).

Os galegos que queiran probar esta experiencia terán que conformarse coa única Vía Verde que existe na comunidade: a do Eo, unha senda peonil que discorre entre San Tirso de Abrés e Villaodriz, antigo trazado mineiro entre bosques xunto ó río. A plena vixencia do ferrocarril na nosa comunidade fixo que Galicia gozase ata o de agora dunha única infraestrutura destas características, compartida con Asturias. Non obstante, as xa avanzadas obras do AVE, especialmente entre Santiago e A Coruña, fará que Galicia poida gañar ata seis novas sendas naturais a través de de 35 quilómetros. A primeira será a que una Santiago de Compostela con Sigüeiro e Oroso, unha ruta de 18 quilómetros que, segundo a edil de Medio Ambiente de Santiago en funcións, Elvira Cienfuegos, permitirá comunicar núcleos que quedaron illados coa caída en desuso da liña ferroviaria e darlles ós veciños unha opción de comunicación alternativa ó transporte por estrada. Non obstante, as 100 rutas existentes no Estado foron recollidas pola Fundación dos Ferrocarrís Españois e a editorial Anaya Touring na Guía de Vías Verdes, composta por tres volumes. Nela aparecen todos os percorridos, coa corresponden localización, lonxitude, tipo de vía e usuario, medio natural ou o patrimonio cultural e etnográfico. Inclúen ademais os medios de transporte que coller para chegar ós puntos de saída e chegada e as conexións que tomar.

Ademais de ser respectuosas coa paisaxe e contar con sinais específicos que recordan a orixe ferroviaria do trazado e paneis de interpretación cos que coñecer a contorna natural, as Vías Verdes supoñen a recuperación do patrimonio abandonado, como algunhas das máis de 1.000 estacións en desuso. Nelas, instálanse servizos e equipamentos complementarios ás vías como hoteis, restaurantes, alugueiros de bicicletas ou ecomuseos. Unha intervención que permite a revitalización e o desenvolvemento de moitas comarcas que, tras a ausencia do tren, quedaran no esquecemento.

Para darlle un maior pulo, FEVE puxo hoxe en marcha unha campaña de promoción das Vías Verdes co fin de desenvolver un concepto integral de ecoturismo baseado no ferrocarril, considerado elo principal dunha cadea ecolóxica que comeza coa recuperación para o transporte non motorizado das vías de ancho métrico abandonadas e continúa co uso das liñas e estacións en servizo como acceso idóneo a estas rutas. A campaña promocional consiste na instalación de valos con carteis informativos en cada unha das 9 Vías Verdes accesibles desde as estacións e apeadeiros de Feve. O obxectivo non é outro que o de situar ós viaxeiros e explicar as características dos percorridos adxacentes que poden realizar tras baixarse do tren.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en transporte coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s