Reciclaxe de película

Reciclar ten premio… de película. Polo menos en Pamplona, primeira cidade do Estado en contar cunha máquina de depósito de envases que converte as toneladas de lixo en… entradas de cine. Trátase dunha iniciativa piloto posta en marcha por FCC (empresa concesionaria da xestión do lixo da capital navarra) que busca sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do depósito diferenciado de residuos a través dun modelo xa implantado en varios países europeos: o Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) que se basa nunha única pero vital premisa: recuperar o que tiramos é posible.

Colas para depositar os envases na máquina instalada na rúa Ciudadela de Pamplona. Foto: Tucho

Colas para depositar os envases na máquina instalada na rúa Ciudadela de Pamplona. Foto: Daniel Sánchez

O sistema é sinxelo: por cada envase PET ou lata que os cidadáns de Pamplona introducen na máquina (fabricada pola empresa galega Internaco baixo licenza da firma noruega Tomra) recibe un punto. Noventa puntos acumulados poden canxearse por unha entrada en calquera sala de cine da cidade adscrita á iniciativa para calquera sesión de luns a venres, exceptuando festivos e proxeccións en 3D. A súa céntrica localización (na rúa Ciudadela, en pleno casco vello da cidade) e o incentivo de poder gozar dunha xornada de lecer gratuíta provocou que se superasen todas as expectativas, convertindo a iniciativa nun éxito sin precedentes. “A máquina atópase desbordada. Comezou recollendo 3.000 envases e latas diarios e agora chegou a picos de 11.000, polo que é preciso baleirala entre tres e catro veces ó día”, explican dende Retorna, asociación que promove a implantación do SDDR no Estado.

A máquina, operativa todos os días da semana de 7 da mañá ás 11 da noite, dispón de sistemas de separación automatizada e no seu interior conta con catro compactadores que optimizan o espazo dos colectores e garante o seu máximo aproveitamento. De forma complementaria (pero sen puntos), o dispositivo conta cun embocaduras para depositar briks, pilas, móbiles e bolsas de plástico, a modo de punto limpo no centro da cidade.

O éxito desta experiencia piloto serve de aval para a implantación do SDDR no resto de cidades españolas, aínda que na súa vertente máis pura. É dicir, cambiando a entrada de cine por un incentivo económico: por cada envase baleiro que se retorna, o consumidor recupera o depósito previamente abonado polo consumidor ó adquirir un envase, que non se limitiría só ó PET e latas, senón que se extendería ós briks e o vidro. Ademais, ó depósito a través das máquinas, súmase á posibilidade de facer o depósito manual a través dunha rede de pequenas tendas e pequeno comercio. Os seus defensores  afirman que coa saída deste recurso do actual sistema de xestión do lixo, a factura municipal veríase reducida, aforraríase en materia prima e reduciríase nun 30% o impacto ambiental. Cifra nada desprezable, se temos en conta que cada un de nós nós xera 51 millóns de envases ó día, dos que preto do 70% acaba en vertedoiros ou plantas incineradoras, confirmando o fracaso do actual modelo de reciclaxe.

Precisamente con este obxectivo, Retorna acaba de poñer en marcha unha campaña de apoio á implantación deste sistema na que, ademais de explicar as súas vantaxas, podes ofrecer o teu apoio sumándote á iniciativa a través da túa sinatura. O movemento nace no medio da tramitación da nova Lei de Residuos estatal, que entra agora no Senado tras recibir o visto e prace do Parlamento, cuns obxectivos que  foron cualificados de “cativos” por parte do movemento ecoloxista ó non contemplar a recollida de selectiva do lixo nin apostar por este sistema de reciclaxe.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Residuos coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s