O medio, sen axenda

O medio segue sen estar na axenda gubernamental. A trescentos días do (hipotético) fin da lexislatura, as principais asociacións ecoloxistas do Estado –Amigos de la Tierra, Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife y WWF/Adena– veñen de presentar unha análise exhaustiva das accións do Executivo nos últimos catro anos cunhas conclusións tan pouco sorprendentes como preocupantes: as políticas ambientais pasaron a un segundo (ou terceiro) plano e o Estado rexistrou unha perda de liderado en materia de sustentabilidade. Recuperar o tempo perdido é a mensaxe lanzada hoxe polas cinco ONG, que demandan a aprobación de normativas que nos axuden a dar un paso adiante en materia de medio natural.

 

A súa non é unha análise casual, senón que parte do Programa pola Terra presentado en 2008 con motivo da campaña electoral e que ofrecía unha folla de ruta para mellorar a política ambiental. Pese as gabanzas pola recuperación do diálogo tras a entrada de Rosa Aguilar no Ministerio, as cinco organizacións ecoloxistas non ven melloras nas doce áreas obxecto de análise:

 

Biodiversidade: as políticas para mellorar a súa conservación seguen en tramitación. A aprobación de áreas de protección mariña ou os plans de conservación de especies protexidas e en extinción, as materias pendentes.

Pesca: sen cambio de rumbo. Os ecoloxistas recordan que a sobreexplotación pesqueira actual é insostible, polo que lle reclaman ó Executivo unha maior aposta pola pesca artesanal e as artes respectuosas co medio, ademais de poñerlle fin ás cotas abusivas e protexer as especies en perigo. Un discurso que segue sen calar nas escalas de mando.

Costas: as cinco ONG detectan unha mellora da participación da sociedade pero pouca acción para reverter a situación de insustentabilidade na que se atopa o litoral. Non obstante, é unha das áreas nas que o Executivo (axudado pola crise e o parón na construción) saca mellor nota.

Auga: segue a vella cultura da auga de desbaldimento e o aproveitamento hidrolóxico desenvolvista. Os grupos ecoloxistas puntúan moi negativamente a política do Goberno, que mantén sen aprobar os Plans Hidrolóxicos (o prazo vencía en 2009) e segue apostando polos grandes encoros, obviando caudais ecolóxicos. Un prezo da auga ‘real’ e avanzar cara a unha xestión máis sostible, os retos.

Agricultura e desenvolvemento rural: as cinco ONG dan conta de que o Goberno introduciu un cambio de discurso, que non se traduciu en novas políticas. O apoio ós transxénicos e a falta de incentivos para o agro ecolóxico, principais pedras no camiño cara á sustentabilidade en materia de medio rural.

Cambio climático: contradicción entre o discurso e a práctica. A pesar de que o Executivo mantén o seu compromiso irrenunciable de reducir emisións (un 30% ata 2012), o certo é que o movemento ecoloxista non detecta ningunha medida que axude a conseguilo. A crise foi a única que posibilitou algunha mellora, mais a política enerxética (coa compromiso co carbón) e o fracaso da xestión no transporte (véxase o límite de velocidade) lastran un obxectivo indispensable para o futuro do planeta.

Enerxía: a revolución non chega. A aposta polas renovables segue a ser feble mentres que se impulsan os combustibles fósiles como demostra o Decreto do Carbón. O apoio ás nucleares segue máis vixente que nunca, así como ós agrocombustibles. Aprobar unha Lei de Eficiencia e Renovables, que contemple o 100% da electricidade verde en 2050, a principal reclamación.

Transporte: seguimos líderes en desbaldimento e destrución. Non só proliferan as grandes infraestruturas de comunicación, senón que o vello ferrocarril é substituído por un máis rápido e contaminante tren de alta velocidade (máis caro e menos social) e seguen sen aplicarse medidas fiscais no transporte para reducir a contaminación. Entre as peticións que formulan ata o final de lexislatura están a Lei de Mobilidade Sostible e a aplicación da Euroviñeta.

Calidade do aire: a maioría dos cidadáns respira aire contaminado. Os episodios de alta polución nas cidades segue sen solucionarse.

Residuos: pouco compromiso coa redución e o reciclado e aposta pola incineración. Tras o visto e prace á Lei de Residuos no Congreso e no Senado, os ecoloxistas seguen a ver cativos os obxectivos de redución e reciclaxe (do 10% para 2020) e lamentan a falta de apoio á compostaxe e á implantación do sistema de retorno de envases.

Contaminación química:España olla cara a outro lado. “Actualmente non existe un diagnóstico xeral do risco químico nin unha estratexia para previlo”. Así de tallante é o informe ecoloxista, tras a denuncia en novembro de 2010 por parte de 39 colectivos polo abandono do Goberno con respecto a este problema.

 

Economía: partidas ambientais cada vez máis irrisorias. Os recortes van do 16% en loita contra a contaminación ó 47% en protección. A mesma senda que segue Galicia, cunha caída do 33% nos orzamentos verdes.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en política coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s