Aparca o coche e… mobilízate!

É ineficiente no uso da enerxía, no uso do espazo, no uso do tempo e no uso dos materiais ademais de ser a maior fonte de contaminación do sector do transporte. Falamos, por suposto, do automóbil: o maior inimigo do clima. Esta é a mensaxe dirixida á sociedade no mesmo día no que comeza a chamada Semana Europea da Mobilidade 2011, que se prolongará ata o vindeiro 22 de setembro, e que non ten outro obxectivo que facernos reflexionar á hora de realizar os nosos desprazamentos diarios.

Foto: Diego Azubel/Efe

A pesar da mudanza de hábitos cara uns máis sostibles, os galegos somos dos cidadáns da UE que máis seguimos a abusar do coche particular. Ata un 58% dos desprazamentos de curta distancia en Galicia fanse en automóbil cunha media de ocupación de 1,2 persoas durante a semana, subindo a cifra ó 72% na fin de semana, fronte a un 25% a pé e un triste 6% en transporte público. Ferrol lidera este ránking de insustentabilidade: o 63,9% dos seus cidadáns usan o coche para ir traballar ou estudar, seguido de Vigo (62,2%) e Santiago (53%) segundo rebela o estudo Desarrollo sostenible y movilidad de las personas en distancias cortas:un análisis comparado entre Galicia y Europa  realizado polo catedrático da Universidade da Coruña e actual presidente de Portos do Estado, Fernando González Laxe. Este abuso do automóbil significa que arredor de 775.000 automóbiles colapsan a diario as principais cidades galegas. A consecuencia: un incremento imparable de emisións por tráfico rodado que, no noso país, aumentaron seis veces máis que no conxunto dos países industrializados.

A solución é sinxela: menos automóbiles e menor uso. Algo que só é posible apostando por un transporte público colectivo efectivo e de calidade, que funcione como un servizo social máis, ademais de potenciar medios máis ecolóxicos e saudables como a presenza do peón ou a bicicleta. Isto é precisamente o que, baixo o lema Desprázate de forma eficiente, mellora a túa mobilidade! pretende lograr a Semana da Mobilidade, na liña da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), quen a principios de ano comprometeuse a facer da bici un vehículo preferente en lugar de alternativo a través da reforma do Regulamento Xeral de Circulación que pretendía aprobar neste 2011.

“Permite facer desprazamentos porta a porta, en menor tempo que o resto
dos medios de transporte e de forma totalmente limpa”. Quen fala é Xan Duro, coordenador xeral de Verdegaia e un dos maiores promotores da bici como vehículo
preferente en Galicia. Máis de vinte anos desprazándose a pedaladas polas rúas de Compostela avalan a tese deste ecoloxista de vocación, que urxe un necesario cambio de mentalidade por parte da administracións. “Xunto coa moto é o vehículo máis rápido, ó que hai que sumarlle o seu aspecto ambiental”, apunta Duro. As conclusións non son gratuítas, senón extraídas dunha comparativa feita en traxectos reais por Verdegaia entre os medios usados nas cidades: a pé, bici, moto, autobús, taxi e vehículo particular. Tras analizar o tempo consumido no traxecto, emisións de CO2, gasto en combustible e gastos de mantemento e amortización, os datos son concluíntes: a bici é o medio máis eficaz para moverse dentro da cidade cun custo económico mínimo, rapidez nos desprazamentos, ocupación mínima do espazo urbano e grandes vantaxas sociais e ambientais. Como resultado deste estudo, Verdegaia defende a necesidade de xerarquizar os usos do transporte a modo de pirámide ambiental na que a base dos desprazamentos sexan a pé ou en bici, seguidos polo transporte público colectivo, deixando o coche para circunstancias especiais.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en transporte coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Aparca o coche e… mobilízate!

  1. …..vale…non volvo a coller o carro pra ir ata labarta….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s