Cada click quenta o planeta

A pegada ecolóxica chega á arañeira. Cada vez que realizamos unha búsqueda, mandamos un mail ou ‘facemos un amigo’, irremediablemente estamos contaminando. O motivo: a enorme demanda enerxética da industria das tecnoloxías da información -cuxo consumo xa representa o 2% de toda a electricidade global- necesaria para xestionar e procesar os milleiros de millóns de datos que manexa o día.

Centro de datos de Facebook en Oregón (EEUU). Foto: Facebook

O noso paso pola rede non é, pois, inocuo. Mais, contamina o mesmo consultar o Facebook que facer unha búsqueda en Google? A resposta rebela que a pregunta, en contra do que poida parecer, non é menor: non todos os clicks deixan a mesma pegada. Así o confirma Greenpeace no seu informe How Dirty is Your Data?, no que analiza as prácticas enerxéticas das compañías do sector das tecnoloxías da información máis importantes. O motivo: as fontes enerxéticas utilizadas para o funcionamento duns centros de datos en constante crecemento.

Facebook preséntase como a compañía máis contaminante do sector. A firma de maior éxito entre as redes sociais é unha das máis dependentes do carbón, cunha porcentaxe de abastecemento mediante esta fonte enerxética do 53,2% da súa electricidade. Se ben Apple supera esta cifra -cunha porcetanxe do 54,5-, o certo é que tanto na súa política de transparencia como nas medidas postas en marcha para mitigar a pegada de carbono obtén unha maior puntuación que a compañía de Mark Zuckerberg, que queda á cola do ránking elaborado por Greenpeace.

No polo oposto atopamos a Yahoo!, que destaca especialmente polo emprazamento das súas infraestruturas ao redor de enerxías limpas; e Google que está directamente mercando enerxía procedente de fontes renovables, ademais de mellorar a súa política de transparencia publicando os datos exactos sobre consumo enerxético nas operacións de búsqueda por internet.

IBM, (cunha impronta do 51,6%), hp (49,4%), Twitter (42,5%), Microsoft (34,1%) e Amazon (28,5%) quedarían no medio destes dous extremos, cuns criterios de transparencia das súas decisións enerxéticas e estratexias de mitigación da pegada de carbono que Greenpeace considera mellorables. “As compañías das tecnoloxías da información non deberían elixir entre usar fontes de enerxía renovable ou promover o aforro e a eficiencia enerxética porque ambos os dous factores son esenciais para asegurar que os novos centros de datos que rquiran o uso masivo de internet non nos leven cara a un cambio climático inevitable”, apunta o informe.

Así que xa sabedes, á hora de darlle o rato, tamén pensade en verde!

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Cambio climático coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s