Grazas, Ánxel

“Non vou por min. Vou polos meus fillos e polos que aínda non naceron”.

Ángel Vila, patrón do Xurelo.

A profesión de xornalista concédete, de cando en vez, privilexios que non permiten outros traballos. Coñecer ao patrón Ánxel Vila foi, dende un logo, un deles. O que para sempre será o patrón do Xurelo, aquel pequeno palangreiro que o 14 de setembro de 1981 puxo rumbo ao descoñecido para amosarlle ao mundo a existencia clandestina dun cemiterio radioactivo situado a 250 millas ao noroeste de Fisterra, regaloume unha conversa excepcional -como a súa vida, como a súa persoa- que quedará para sempre no recordo.

Nunha Galicia que acababa de saír do franquismo, cunha Constitución aprobada apenas uns anos, o intento do golpe de Estado na retina e unha vida na clandestinidade aínda en activo, só un auténtico home de mar dotado dunha conciencia ecolóxica excepcional como Ánxel foi quen de atender á chamada da natureza, do activismo e do sentido común. Coa súa tripulación de confianza, un compás, un pequeno radar e un gran sentido do deber, Ánxel mostroulle ao mundo o que o mundo se negaba a ver.

Case trinta anos despois nada se sabe da Fosa Atlántica -que segue a albergar os residuos nucleares arroxados polo Norte de Europa- e a proeza do Xurelo non se lerá nos libros de Historia. Pero a figura de Ánxel quedará na memoria dos que o coñecimos, dos que tivemos a oportunidade de escoitalo recordar aquelas xornadas, de falar dos motivos que o moveron a participar nunha expedición de futuro incerto (“Non vou por min. Vou polos meus fillos e polos que non naceron”) e de ollar cara ao futuro coa mesma preocupación que o levou a poñer o seu barco ao servizo do medio.

Ánxel Vila deixounos o 13 de decembro de 2011. Este sábado, amigos e coñecidos reuniranse en Ribeira para honrar a súa memoria cun xantar, a colocación dunha placa na Caseta de Portos e unha mesa redonda sobre as verteduras nucleares. Alí estaremos.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Reportaxes, Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s