Por unha Galicia post-petróleo

Todo o que nos rodea está impregnado de petróleo: desde os alimentos que comemos ata os medicamentos que nos sandan. Mais o consumo inxente que practicamos desde hai décadas levounos a alcanzar o teito do petróleo, estancar a súa extracción e alcanzar unha máxima inevitable: cada vez temos menos cru e o pagamos máis caro.

As consecuencias desta situación son xa palpables no noso día a día: vivimos unha crise financeira e dos mercados, conflitos políticos e sociais, colapso do sistema sanitario e crise cultural e de valores. A rebelión preséntase como única vía para transformación a realidade, apostando polo decremento e o consumo sustentable.

Foto: Martinho Picallo

Foto: Martinho Picallo

Así o advirten numerosas voces, entre elas a asociación Véspera de Nada, que desde o 2008 vén alertando sobre os problemas do Peak Oil e difundindo alternativas para un futuro sen combustibles fósiles. Agora, este colectivo acaba de publicar unha Guía para o descenso enerxético, con consellos para que as galegas e galegos comecemos a construír esa Galicia post-petróleo.

Pautas para mudar os nosos hábitos co obxectivo de reducir a nosa dependencia enerxética sen ter que renunciar á nosa calidade de vida. Isto é o que ofrece esta Guía para o descenso enerxético, na que se establecen mudanzas na economía, enerxía, alimentación, educación, hábitat, saúde pública e transporte.

A aposta por unha vida máis rural, onde a alimentación, e en consecuencia, a terra pasa ocupar un papel vital das nosas vidas, centran esta nova Galicia que debe consumir menos e reflexionar sobre o que verdadeiramente necesita. En palabras de Xoán Doldán, recoñecido economista e presidente de Véspera de Nada, “debemos recuperar a producción de parte do que consumimos para depender menos dos mercados”.

Para debullar máis polo miúdo os consellos que ofrece Véspera de nada, a Guía xa está á venda en diversos puntos de Galicia. Mais como este é o meu blog, eu recoméndovos Miranda! Cultura para levar, na Rúa Tras Salomé de Santiago de Compostela, onde ademais poderedes atopar os mellores produtos da cultura galega e gozar dunha boa parola con Xoán Carlos.

A raíz desta publicación, os amigos de Galiza Ano Cero convidaron a varios membros dos movemento alternativos a reflexionar sobre o sistema enerxético actual: Estamos preparados para dispoñer de menos enerxía? Son as renovables un substituto real do petróleo? Está a sociedade industrial e de consumo actual condenada á desaparición? Estamos listos para liderar unha transformación socieconómica e cultural? É posible unha Galiza post-petróleo?

Xoán Doldán, Lidia Senra e Begoña de Bernardo foron os encargados de dar resposta a todas estas dúbidas e tamén de formular novas vías de cambio. Aquí vos deixo o resultado:

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Vídeo | Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

5 Responses to Por unha Galicia post-petróleo

  1. Xon Carlos Miranda Carro di:

    Xoán Carlos Miranda Carro Trabalhador da indústria cultural

  2. casdeiro di:

    Foi unha mágoa que outra xente que convidaran finalmente non puidese ou non quixese participar. Resultou non ser doado atopar xente disposta a falar destes temas, e tampouco houbo moito tempo.

  3. Pingback: Guía para o descenso enerxético » Debate sobre a Galiza pospetróleo en Galiza Ano Cero TV

  4. Pingback: O C.R. Pousadoira na outra TV | Centro para a Resiliencia Pousadoira

  5. Pingback: Asociación Véspera de Nada para unha Galiza sen petróleo (2013): Guía para o descenso enerxético. Preparando unha Galiza pospetróleo | Bibliografía Pospetróleo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s