Mapa Ecosocial de Galicia

Cal é a situación actual de Galicia? Os datos económicos non falan de se unha sociedade é xusta, equitativa ou respectuosa co medio. Por iso é preciso analizar a realidade desde outra perspectiva. Máis humana. Máis ecolóxica. Máis real.

mapas

A esta necesidade pretende dar resposta Mapa ecosocial de Galicia, un proxecto da Editorial Catro Ventos no que Xosé Veiras e máis eu analizamos cuestións como o cambio climático, a crise de biodiversidade, o esgotamento dos recursos enerxéticos, o estado do noso mar e do noso agro, a desigualdade ou a calidade de vida. Unhas didácticas e clarificadoras infografías e un cadro de boas prácticas que dá conta de iniciativas que traballan na busca de solucións ao mundo actual completan a obra.

Mapa ecosocial de Galicia é un traballo didáctico que busca analizar a realidade galega a través de dez temas: enerxía, cambio climático, crise de biodiversidade, agro, incendios forestais, mar, consumo, calidade de vida, coidados e territorio e poboación. E faino tendo en conta a súa existencia nun mundo globalizado: a situación de Galicia como país de seu pero tamén en relación co resto do planeta. Como ben di un dos capítulos: desde Galicia contra o mundo.

Non sei se este é o enésimo intento de volver ao xornalismo ambiental ou simplemente un novo paréntese. Sexa o que sexa, convídovos a todas e todos a que sexades parte deste proxecto. E se queredes vernos as caras, déixovos as datas das vindeiras presentacións:

  • Venres, 29 de novembro. 18:15. Culturgal.
  • Martes, 3 de decembro. 20:00 horas. Libraría Cartabón. Vigo.
  • Mércores, 4 de decembro. 20:00 horas. Libraría Pedreira. Compostela.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s