Author Archives: rebecahermo

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.

Mapa Ecosocial de Galicia

Cal é a situación actual de Galicia? Os datos económicos non falan de se unha sociedade é xusta, equitativa ou respectuosa co medio. Por iso é preciso analizar a realidade desde outra perspectiva. Máis humana. Máis ecolóxica. Máis real. A esta … Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Etiquetado , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Por unha Galicia post-petróleo

Todo o que nos rodea está impregnado de petróleo: desde os alimentos que comemos ata os medicamentos que nos sandan. Mais o consumo inxente que practicamos desde hai décadas levounos a alcanzar o teito do petróleo, estancar a súa extracción … Seguir lendo

Vídeo | Posted on | 5 Comentarios

Carallo co rodaballo

Isto non é un post. Non é un regreso. Nin sequera é un texto meditado. É o que se di un arrouto, un chimpo, un algo que sae de dentro.

Publicado en Contaminación, costa | 1 comentario

Grazas, Ánxel

“Non vou por min. Vou polos meus fillos e polos que aínda non naceron”. Ángel Vila, patrón do Xurelo. A profesión de xornalista concédete, de cando en vez, privilexios que non permiten outros traballos. Coñecer ao patrón Ánxel Vila foi, … Seguir lendo

Publicado en Reportaxes, Uncategorized | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

“A costa non aguanta máis”

O 75% está urbanizado ou declarado urbanizable, acolle ao 44% da poboación durante todo o ano e a preto de 48 millóns de persoas en períodos vacacionais, e segue a ser o obxecto de desexo de especuladores e administracións públicas, … Seguir lendo

Publicado en costa | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Os ríos galegos agardan pola Transición

Trinta dos grandes encoros do país como os de Belesar, Peares ou o de Frieira teñen concesións franquistas por períodos de cen anos e réxense por lexislacións de hai séculos, excesivamente permisivas en canto a caudais ecolóxicos e medidas correctoras … Seguir lendo

Publicado en Ríos | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

O medio sempre chama dúas veces…

Máis eólicos, menos protección ambiental, máis lixo na Areosa, menos bosques autóctonos, máis verteduras, menos abellas… Cada mañá dos dous últimos meses, as (malas) noticias ambientais viñeron petar a miña porta. E eu negueime a abrirlle. Non faltaron nin un … Seguir lendo

Publicado en Reportaxes | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario